'Pep' e 'Mou', dous bois galegos nos mellores asadores de Madrid

Contaba días atrás La Voz que Mou e Pep, dous bois de Mazaricos aos que o seu dono vía parecidos cos ex adestradores do Madrid e do Barcelona, foron sacrificados e enviados á capital para que a súa prezada carne sexa consumida nos mellores asadores da cidade. Mou pesou catro quiliños máis: 638 fronte a 634.

Raúl López posúe máis do 40 por cento das accións do Obradoiro
Raúl López, presidente do Obradoiro CAB, ten sobre o 41% das accións do club compostelán, a través de varias das súas sociedades. Os socios do Obra totalizan o 10% e o resto de accionistas teñen unha participación sempre inferior ao 5%. Así quedou de manifesto na última asemblea xeral do club.

Revilla e a filla pescaron un congro de 160 centímetros
O ex presidente de Cantabria Miguel Ángel Revilla saíu ao mar de Cangas acompañado da súa filla Lara, de 14 anos, e dos seus sobriños, Adrián (16) e Gabriel (13). Foi no barco de Antonio Castillo, un xubilado da construción. Pois ben, a xornada foi un éxito: a súa filla pescou un congro de 12 quilos e 160 centímetros.

Comentarios