domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

Poesía e narrativa para incentivar a escrita en galego nos nenos

O Concello convoca por quinto ano o concurso de relato curto para rapaces de Primaria e, por décimo, o de Poesía

Coa intención de promover as habilidades no eido da narrativa en galego entre os alumnos de Primaria dos colexios de Marín, o Concello convoca a V Edición do Certame de Narración na tempada de verán, baixo o lema ‘Refréscate cos libros’.

Os traballos que se presenten teñen que ser inéditos e o tema sobre o que versen ten que estar relacionado cos libros e o verán. A extensión máxima será de dous folios e os centros educativos farán una preselección dos textos que fagan os seus alumnos. O concurso constará de tres modalidades, unha dirixida a 1º e 2º de Primaria, outra para 3º e 4º, e unha última destinada aos rapaces de 5º e 6º. Todos os traballos deberán ser enviados por carta ao enderezo do Museo Manuel Torres antes do 8 de xuño.

E, sen deixar a promoción do galego atrás, o Concello tamén promove o XIX Concurso de Poesía, ao que poderán concorrer todos os poetas nacionais que así o desexen. Neste caso, as creacións deben ter un mínimo de 100 versos, sen necesidade de que constitúan un único poema, e concederase un único premio de 1.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de abril.

Poesía e narrativa para incentivar a escrita en galego nos nenos
Comentarios