Antón Borrazás: ''A poesía hai que sentila e a música paréceme a súa compaña perfecta''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Sometemento.

P ¿Que quería ser de pequeno?
R
Home do campo.

P ¿Un libro?
R
El primer caballo de Troya, de Juan José Benítez.

P ¿Un lugar?
R
Unha illa calquera.

P ¿Un personaxe galego?
R
Beiras.

P No recital Mistura III estivo acompañado de músicas africanas e gaitas. ¿Como resultou?
R
Tan diverso e complexo faremos para o ano a IV edición de Mistura.

P A súa poesía vai da man doutras disciplinas artísticas. ¿Ata onde hai espontaneidade e ata onde preparación nas súas ‘performances’?
R
As máis das veces é unha preparación espontánea. A poesía hai que sentila e a súa compaña perfecta é a música. Cando se conseguen conxugar aluma a harmonía.

P ¿Como son os labores dun poeta? ¿Que método de traballo ten?
R
O traballo de poeta non existe. Non traballa, saca á luz sensacións e sentimentos; ás veces conségueo con plenitude; entón a poesía xorde deslumbrante.

Pedro J. Rey Sanchiz

Nado en Vilagarcía en 1974,  licenciouse en Economía

É o director da Oficina Web da Universidade de Santiago

Con seis anos leu por vez  primeira unha aventura de Tintín e comezou a afección

Ten o blog máis importante sobre o personaxe de Hergé en castelán: Pedrorey.com

Comentarios