jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Ponte Caldelas apoia a declaración dos petróglifos Patrimonio da Humanidade

O alcalde, no Parque de Tourón
O alcalde, no Parque de Tourón
O Pleno do Concello unirase á solicitude elembrará as carencias do Parque de Tourón

O Pleno do Concello de Ponte Caldelas estudará este xoves, unha moción presentada polo Goberno tripartito, formado polo PSdG-PSOE, AVP e BNG, para solicitar á Xunta de Galicia que aborde os trámites para declarar como Patrimonio da Humanidade os gravados rupestres galegos.

O Goberno local tratará de conseguir o apoio do PP para esta moción, que, de todos os xeitos sairá adiante, ao contar xa coa maioría. No texto, o tripartito insistirá tamén en lembrar o contido da moción aprobada en xullo de 2016, para seguir reclamando da Xunta de Galicia a colaboración técnica e económica necesaria para a conservación, posta en valor e difusión da Área Arqueolóxica de Tourón, considerada como un dos espazos relevantes do patrimonio rupestre galego.

Nese texto do mes de xuño, Ponte Caldelas revelaba que a Xunta non achegou un só euro ao longo deste mandato municipal para a preservación do espazo, que foi aberto ao público en 2007.

Esta situación concreta do Concello caldelán vese empeorada polos problemas xurdidos na Laxe das Cruces a causa da escorrentía das augas que caen pola ladeira. O Concello viuse obrigado a reservar 4.000 euros para a limpeza da broza que crece nesta área e está a tramitar axudas ante outras institucións para a substitución dun valado deteriorado.

Os petróglifos son Bens de Interese Cultural (BIC) egozan do máximo grao de protección, pero unha parte considerable do mesmos corren grave risco de deterioro ou de desaparición, diante do incumprimento da normativa pola Xunta de Galicia, que é a Administración que debería tutelar a súa conservación.

As pinturas e gravados prehistóricos da área cantábrica e máis os da zona levantina gozan deste recoñecemento,lembra o Concello caldelán, que afirma que o conxunto de gravados prehistóricos ao aire libre galego —con valor e entidade semellantes— se atopa sen esa salvagarda. Nese contexto, os gravados da Área Arqueolóxica de Tourón, non son alleos á necesidade dese recoñecemento.

Ponte Caldelas apoia a declaración dos petróglifos Patrimonio da...
Comentarios