Ponte Caldelas celebra ao grande a Festa da Troita

Un dos actos estrela foi a inauguración da escultura, deseñada por José Ortiz, que rende homenaxe aos 50 anos do evento gastronómico

O concello de Ponte Caldelas presume de poder gozar do "peixe máis bonito do mundo". Así definiu onte o alcalde, Andrés Díaz, á especie que protagoniza o evento gastronómico máis emblemático da vila veciña a Pontevedra.

A xornada grande da Festa da Troita reuniu este domingo non só a numerosos comensais, senón tamén a diversos persoeiros do mundo da política. Non faltou a ministra de Fomento, Ana Pastor, nin a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, e o vicepresidente do máximo organismo autonómico, Alfonso Rueda. Todos eles tiveron ocasión non só de degustar as racións preparadas nos postos da carpa da Alameda, senón tamén de ser testemuñas da inauguración da escultura adicada á troita deseñada por José Ortiz, que xa luce nos xardíns de Xerardo Carballal. No seu discurso, o alcalde caldelán subliñou o carácter institucional»dun día que nos une, por enriba das diferenzas” e ao que foron invitados os catro exalcaldes vivos de Ponte Caldelas. Asistiu Jaime Vidal, mentres que Eliseo Lopo, aos seus 94 anos, tivo o detalle de acudir persoalmente ao Concello para escusarse, por motivos de saúde.



<<Máis información na edición impresa deste luns de Diario de Pontevedra>>

Comentarios