El Concello de Ponte Caldelas prohibirá el uso de herbicidas químicos

O equipo de goberno solicitaralle á Xunta e a Deputación que non utilicen as substancias máis agresivas no territorio caldelense

O goberno de Ponte Caldelas levará unha moción ó pleno deste mes para así prohibir o uso dos herbicidas químicos máis agresivos, aqueles que conteñen glifosato, un elemento que dana o medio ambiente.

Ademais, tamén lle pedirán á Xunta e a Deputación provincial que cumpran con estes requerimentos no desbroce das vías de titularidade autonómica e provincial que transcorren pola localidade.

O alcalde do lugar, Andrés Díaz, declarou que "o certo é que xa non estabamos a utilizar herbicidas agresivos, pero queremos regular este asunto explicitamente para que non se poida facer no futuro".

Desde o concello faise fincapé en que estas substancias foron calificadas recentementes como canceríxenas pola Organización Mundial da Saúde, ademais de ser nocivas para a natureza. "Penso que desde o Concello debemos dar exemplo e facer unha labor de concienciación dos nosos veciños que, en moitas ocasións, utilizan este tipo de produtos sen ser conscientes que poden entrañar riscos", engade Díaz.

Comentarios