viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Pontevedra defende a súa proposta de mobilidade sostible en Valladolid

Carme Silva durante o evento realizado en Valladolid
Carme Silva durante o evento realizado en Valladolid
O modelo contará coa visita do secretario de turismo de Foz de Iguaçú, Gilmar Antonio Piolla

A cidade de Pontevedra estivo representada pola tenente alcalde, Carme da Silva, na xornada sobre a calidade e a mobilidade sostible que se desenvolveu en Valladolid. O evento dirixiuno a organización Ecoloxistas en Acción en colaboración co Concello de Valladolid.

A cidade do Lérez expuxo o proxecto "Vinte anos de cambios na mobilidade", unha proposta que pretende ser unha achega á mellora da calidade do aire, e dos estándares da vida urbana en xeral. 

Carme da Silva centrou a súa intervención na importancia do concepto "saúde pública" entendida como a redución dos vehículos a motor e o fomento de mobilidades máis naturais, como camiñar. Estas medidas, de carácter político, teñen como resultado: máis calidade do aire, a eliminación do ruído nas cidades que deteriora a calidade urbana, e consecuentemente, a redución da sinistralidade viaria, tres factores fundamentais para a saúde pública.

PRIMEIRA PARADA. Valladolid foi a primeira parada dun ciclo de visitas nas que Pontevedra participará tanto achegándose a distintos puntos do Estado, como recibindo a responsables políticos para dar a coñecer o modelo de cidade.

A seguinte cita será a participación de Pontevedra na Xornada de optimización das políticas de transporte público para a mobilidade sostible, organizadas pola Axencia provincial da enerxía de Granada e da Deputación de Granada. 

Pontevedra defende a súa proposta de mobilidade sostible en Valladolid
Comentarios