Pontevedra organiza o Festival das Núbebes, destinado aos máis pequenos

A marioneta Roque entrégalle unha nube ás concelleiras (Foto: Guille López)
photo_camera A marioneta Roque entrégalle unha nube ás concelleiras (Foto: Guille López)

PONTEVEDRA. A cidade de Pontevedra acollerá durante os dous últimos fins de semana do mes de setembro (21, 22, 27, 28, 29) o Festival de Núbebes. O evento, organizado polas Concellerías de Benestar Social e Cultura, consistirá dunha serie de actividades e obradoiros no Teatro Principal, a Casa das Campás e a Casa Azul destinadas aos máis pequenos, os bebés, e ás súas familias.

A concelleira Anxos Riveiro espera que este sexa o primeiro de moitos festivais e que se converta nunha tradición anual da programación cultural pontevedresa. A edil Carmen Fouces explicou que o Concello considera fundamental ter unha línea de traballo para as familias e os nenos máis pequeniños, de entre 0-3 anos. En principio as actividades pensáronse para este particular grupo infantil, que según Fouces, moitas veces non pode seguir as actividades e actuacións destinadas aos nenos en xeral.

As actividades tamén están pensadas para incluír o resto dos familiares e, como parte do Festival, terán lugar varios obradoiros para aos profesionais da educación (terán preferencia os educadores de Pontevedra) que o Concello espera a Xunta validará como horas de formación.

A iniciativa será gratuita, pero con aforo limitado, e contará cunha programación variada que incluirá varias artes escénicas: contos orais, linguaxe de signos, teatro, música... O evento tamén acollerá a estrea de varios espectáculos de forma exclusiva.

Comentarios