Posibles choivas no noroeste e temperaturas en ascenso para este mércores en Galicia

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Este mércores unha fronte pouca activa rozará o norte de Galicia. Con esta situación, espéranse nubes baixas, con posibilidade de precipitacións febles no noroeste e brétemas no litoral pola mañá, tendendo á progresiva apertura de claros durante a xornada. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente oeste. Pola súa banda, as temperaturas ascenderán lixeiramente. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 34 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 15 na capital ourensá. En Pontevedra as máximas acadarán os 28 graos e as mínimas situaranse nos 18.

Comentarios