A praia de Lourido acolle os XXIII Xogos de Verán

Ata o domingo 30, Lourido será un gran campo de xogos onde practicar voley, zumba, kayak e outras moitas actividades

A PRAIA DE LOURIDO é o escenario por vixésimoterceira vez consecutiva dos tradicionais Xogos de Verán de Poio, que deron comenzo o pasado luns 24 de xullo e se prolongarán ata este domingo. Durante toda a semana, os veciños poderán practicar máis dunha veintena das máis variadas actividades, dende petanca ou ximnasia para maiores ata bici-praia, kayak ou pesca.

Esta iniciativa leva 23 anos celebrándose ininterrompidamente no areal poiense, organizado pola Asociación de Vecinos de Lourido e coa colaboración do Concello de Poio e do proxecto Poio Móvese de promoción do deporte na localidade.

ACTIVIDADES VARIADAS. Os XXIII Xogos de Verán de Lourido inclúen actividades de todo tipo e para tódalas idades. Nos primeiros tres días do evento, o protagonismo foi para as tres roldas do torneo de voley praia, e as eliminatorias e semifinais dos torneos de fútbol 6 xoven e fútbol 6 feminino. Sen embargo, tamén houbo sitio para o tenis praia, a petanca ou o zumba.

Ademais, celebráronse carreiras nunha pista de obstáculos, e a tradicional carreira de caramelos. Finalmente, os máis pequenos tiveron un oco cun obradoiro de manualidades, e tamén os máis maiores, que puideron disfrutar dunha sesión de ximnasia este mércores.

Ó longo da tarde deste xoves os xogos continuarán, empezando ca final do torneo de Fútbol 6 xoven ás 18.30h. Tamén haberá unha nova carreira de caramelos e outro partido de tenis praia. Por outra banda, dará comezo un novo torneo de fútbol 6, esta vez dirixido a maiores, e a xornada rematará cun circuito de bici-praia ás 20.00h.

Aínda quedarán dous días máis de xogos, venres e sábado, nos que ademais das finais dos torneos restantes haberá pesca, kayak, unha carreira popular ou un partido de fútbol entre solteiros e casados de ambos sexos. A xornada do sábado rematará cunha actuación da asociación cultural poiense Vides Novas.

Finalmente, o vindeiro domingo pola mañá terá lugar a entrega de premios, asi coma un acto que porá o broche final á vixésimo-terceira edición dos Xogos de Verán de Lourido.

ÉXITO DE ASISTENCIA. A presidenta da Asociación de Vecinos de Lourido, colectivo que un ano máis organiza estes xogos de verán, afirma que este ano están contando con moita asistencia. Incluso considera que a participación esta sendo maior que outros anos. Entre os factores que influíron neste éxito destacou o bó tempo que estamos disfrutando estes días, e tamén agradeceu a colaboración do Concello.

A presidenta do colectivo veciñal destacou especialmente a boa acollida que tivo este mércores a sesión de ximnasia para as persoas maiores, así como as manualidades dirixidas a nenos e nenas. Estes obradoiros formaron parte así mesmo do programa Perto, posto en marcha polo Concello para fomentar a reutilización de materiais de refugallo, e que próximamente visitará outros puntos do municipio coma Vilariño, Combarro ou Raxó.

Comentarios