viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Pontevedra rexistrará este sábado unha temperatura máxima de 18 graos

Mapa da previsión do tempo para este sábado.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este sábado.METEOGALICIA
Predicións meteorolóxicas para este sábado en Galicia: Ceo pouco anubrado en xeral con néboas matinais en interior 

Este sábado Galicia estará baixo influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Esta situación de estabilidade traerá un día de tempo seco con ceo pouco anubrado en xeral, con néboas matinais en puntos do interior e algunha nube baixa ao norte. 

Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do nordés, frouxo en xeral, con intervalos moderados no litoral.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con formación de xeadas no interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 18 graos en Pontevedra, e os valores mínimos descenderán até o tres graos en Lugo. 

Pontevedra rexistrará este sábado unha temperatura máxima de 18 graos
Comentarios