viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia este venres

As temperaturas sufrirán un ascenso

Predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas na metade norte e néboas no interior. A partir do mediodía os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados, para volver a entrar as nubes baixas polo noroeste cara á noite.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un ascenso, máis acusado no interior. Os ventos soprarán frouxos do noroeste.

Meteogalicia

Predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia este venres
Comentarios