Preto de 6.000 persoas participaron ata agora na campaña de Fecimo

O vindeiro martes sortearanse os tres premios de 1.000 euros en cheques de compra
Lorena Santaclara, unha das gañadoras
photo_camera Lorena Santaclara, unha das gañadoras

Preto de 6.000 persoas participaron ata o venres na Campaña de Nadal de Fecimo, unha iniciativa con 15 anos de traxectoria que nos últimos tempos utiliza o moderno sistema de rexistro de participacións a través dunha aplicación web.

Case 200 empresas estiveron repartido códigos durante estas datas festivas aos veciños que confiaron no comercio local. Ao introducir estes códigos na páxina web (www.compranomorrazo.com) puideron comprobar se tiñan premio.

Ata o momento repartíronse 51 cheques-compra de 50, 100 e 200 euros que os premiados poderán canxear ata o 12 de febreiro exclusivamente nas empresas participantes na campaña.

Comentarios