Príncipe sen reino

Adianto dos contidos do suplemento Táboa Redonda do próximo domingo

Ramón González Rey rememora os trinta anos do álbum Sing O’The Times, o disco máis ecléctico e xenial de Prince. Camilo Franco reivindica a Valle-Inclán en galego. Ramón Rozas explica que o éxito da novela La uruguaya reside na sinxeleza e na sinceridade co que a escribiu Pedro Mairal. Portorosa recoméndanos reservarnos tempo para perder. Javier Nogueira dedica un primeiro artigo á biografía de Kafka de Reiner Stach. Convidamos ao editor de Porto António Luís Catarino a que nos fale de cultura portuguesa e debuta hoxe reflexionando sobre industrias culturais. Antonio Costa descúbrenos a María Luisa Sobral, unha escritora secreta e enigmática. Jaureguizar opina sobre mitos literarios con Murakami e Rosalía.

Comentarios