viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

La programación de los Domingos do Principal incluirá siete representaciones

Anxos Riveiro e Xacobe Rodríguez, na rúa, co cartel de Domingos do Principal
Anxos Riveiro e Xacobe Rodríguez, na rúa, co cartel de Domingos do Principal
Da banda deseñada á historia de Moby Dick, as actuación se desenvolverán do 15 de xaneiro ao 5 de marzo

O cómic saltará ao escenario na próxima edición do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, que se celebrará entre o15 de xaneiro e o 5 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra e rematará cunha adaptación de Moby Dick. A programación foi presentada este martes pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e por Xacobe Rodríguez, un dos membros da compañía que coordina a proposta, Teatro Akatro. Fixérono o mesmo día que saían á venda as entradas (4 euros) e os abonos para as funcións (21 euros), en ataquilla.com. "En total realizaranse 17 funcións: 14 os domingos, en sesións de 12.00 e 18.30 horas cada espectáculo, e tres máis, os luns, en funcións concertadas con centros escolares", explicou Rodríguez. "Este é un dos nosos programas máis queridos, por-que non é só que estea máis que consolidado, é que forma parte xa da vida de moita xente", contou a concelleira. "Por iso poñemos as entradas á venda nestas datas, porque queremos ofrecerlle a todo o mundo a posibilidade de agasallar cultura".

BARRIGAVERDE. A programación de Domingos do Principal abrirana os pontevedreses Baobab coa súa última montaxe, O lobo e a lúa, que se fixo co Premio Barrigaverde en 2014 de textos para teatro de monicreques. "A súa será a proposta para os nenos máis pequeniños de todas cantas traemos. Está dirixida a cativos a partir de dous anos". Baobab será a única compañía galega que participe no ciclo xunto a Berrobambán, que representarán Xurdefet (Jour de fête), un espectáculo creado a partir de textos do autor francés Jacques Prévert.

Como "unha recompilación de tradición oral moi espectacular" definiu Xacobe Rodríguez Retahilando, a obra que Eugenia Manzanera presentará no Principal. Vén avalada polo Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo. Premiadas foron tamén Bhrava, da compañía catalana L'Animé, "unha compañía moi nova que creou un espectáculo onírico, curioso e sorprendente, que foi recoñecido en Bucarest"; Superheroe, de El Perro Azul, que foi galardoada en Feten e en Noctivagos (Oropesa, Toledo), "metendo literalmente o cómic no escenario", e Moby Dick, de Teatro Gorakada, "unha adaptación que levou premios en Ciudad Rodrigo e Feten". O ciclo completarase con Amagatall, de La coja dansa.

La programación de los Domingos do Principal incluirá siete...
Comentarios