Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

Puro Roi Casal

Roi Casal abriu os concertos da Peregrina 2017
Roi Casal abriu os concertos da Peregrina 2017
O artista fusiona Cuba con Galicia nunha homenaxe a Neira Vilas

"Benvidos", saudou Roi Casal ao comezo do terceiro tema. "Imos ir de Galicia Cuba e de Cuba a Galicia toda a noite", anunciou. De branco impoluto e con sombreiro habaneiro, como acostuma neste espectáculo, o músico de Catoira saíu este sábado ao escenario da Praza de España para abrir os concertos das Festas da Peregrina. Detrás del, un retrato xigante de Xosé Neira Vilas.

Unha gravación do escritor de Vila de Cruces escoitouse, falando da relación entre Cuba e Galicia, para dar comezo ao concerto. Chega o son. E chegan as melodías da zanfona ou da arpa mesturadas con trompetas e percusión caribeña. Son galego, son cubano é o título do espectáculo co que Casal subíu ao escenario da Praza de España. O show, no que lle rende homenaxe a Neira Vilas, autor das letras dos temas, naceu a raíz da concesión do premio internacional Cubadisco, en 2014, ao arpista, compositor e cantante.

Cando foi recibir o galardón, Casal ofreceu un concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes e iniciou unha relación directa coa escena musical cubana que o levou a interesarse máis profundamente pola relación histórica entre Cuba e Galicia. A produtora Cary Diez propúxelle realizar un espectáculo sobre iso. Finalmente, o escritor Xosé Neira Vilas, que residiu na illa máis de 30 anos, escribíu as letras deses "cantos galego-cubanos", como el mesmo lles chamou, que Roi Casal leva agora ao escenario nun espectáculo emotivo e cheo de referencias a unha e outra cultura.

Este domingo, a Praza de España, cambia radicalmente de banda sonora. Á noite actuará Mago de Oz.

Puro Roi Casal
Comentarios