Queco Piña non celebrou un gran gol ''por respecto ao porteiro rival''

O domingo, en Madrid, o porteiro coruñés do Celta B Queco Piña conseguiu un impresionante gol, de case cen metros, contra o Rayo Vallecano B. Fixo un saque de portería que se viu beneficiado polo aire e sorprendeu o meta rival. “Non quixen nin celebralo por respecto a el”. En cadetes xa fixera outro tanto similar.

Cristina Fernández, a presidenta de Arxentina, ten raíces galegas
Xa o temos escrito aquí algunha vez: Cristina Fernández de Kirchner, a presidenta arxentina, de actualidade estes días pola expropiación de YPF, ten raíces galegas. Concretamente na Fonsagrada, de onde era un dos seus avós e onde conserva actualmente parentes. ¡A ver se ten que ir o alcalde fonsagradino a negociar...!

Beiras non acudiu á asemblea de EN por unha razón: porque foi no Gaiás
Como ben informaron os medios, Esquerda Nacionalista celebrou unha asemblea a fin de semana pasada na que confirmou a súa marcha do BNG e a súa integración en Máis Galiza. Non foi Xosé Manuel Beiras malia estar convidado porque se celebrou na Cidade da Cultura, tan criticada por el.

Comentarios