Rajoy, Feijóo e outros políticos, profesores e literatos despiden o autor

Mariano Rajoy: "Mi pésame por el fallecimiento de Agustín Fernández Paz, docente y escritor gallego que con maestría acercó la literatura a los jóvenes"

Núñez Feijóo: "Temos que agradecerlle o seu traballo en prol da cultura galega e da Educación na Comunidade"

Asociación Galega de Editores: "A literatura infantil e xuvenil está de loito, un xénero ao que lle dedicou a maior parte do seu caudal creativo e literario"

Anxo Lorenzo: "Se a literatura infantil e xuvenil de Galicia é hoxe coñecida en todo o mundo é en grande medida grazas ao traballo de Fernández Paz"

Xunta de Personal Docente de Pontevedra: Os profesores pontevedreses destacaron a "importancia extraordinaria" da obra do autor de Vilalba, tanto pola súa "amplitude", con máis de medio centenar de obras publicadas, como pola súa "valor na defensa do ser humano".

Goretti Sanmartín: "Trasladamos as nosas condolencia a toda a familia persoal, literaria e cultural. Foi un referente total e absoluto para xeracións de nenos e nenas, pero tamén para persoas de todas as idades"

Comentarios