Real Madrid 4 | 1 Atlético
Godín, 36'; Ramos, 93', Bale 110', Marcelo 117', Cristiano 120'
[FINAL]


23.24 DÉCIMA COPA EUROPEA do Real Madrid en Lisboa.
Festival de goles en forma de cruel sable branco para o Atlético, que se viu gañador e a vitoria escapóuselle das mans.

23.21 FINAL DO ENCONTRO!! DÉCIMA PARA O REAL MADRID, o conxunto máis europeo da historia!!!!! PARABÉNS

23.20
Un encontronazo pouco claro de Varane co Guaje, no que ao parecer tamén estivo involucrado o Cholo pon unha guinda negativa a esta final.

23.19 Os xogadores dan por gañado o encontro.

23. 18 GOL DE CRISTIANO, a penalti, no minuto 120' do encontro.

23. 17 Penalti a favor de Cristiano, a favor do Real Madrid.

23. 17 FESTIVAL BRANCO. Abrazos, bágoas e cánticos se cabe máis fortes. O Atlético caeu nos últimos minutos, o cansacio pasa factura.

23. 15 MARCELO PON A GUINDAAAAAA. Terceiro tanto e o Madrid sábese campión de Europa!!!!!! Un terceiro tanto branco no minuto 117'.


23.14 Ás portas da final, o Atlético precisa un milagre que esta noite xa apareceu. Resbala Cristiano ante un tiro a portería.

23.11 Salva Casillas entre cánticos madridistas.

23. 10
O Real Madrid desvívese ante o gol de Bale, sentíndose gañador a escasos minutos do final dunha copa que case foi do Atleti.

23.07 MARCA BALE!!! O galés adianta o marcador a favor do Madrid neste segundo tempo de prórroga.

23. 05
Domina o Real Madrid, deféndese o que queda en pé do Atlético... Para Courtois a Modric.

Indignación e rabia nas filas colchoneiras tras o empate

23.03 De volta en xogo. 15 minutos e, se non hai novidade, penaltis...

23.00 Novo balón final, desta, alcanzado por Courtois, co que remata a primeira parte desta prórroga.

22.59 Un minuto máis no campo.

22.57 Córner atlético por un fallo de Carvajal

22. 55 Amarela para Gaby e ocasión perigosa para o conxunto branco. Despexou co cóbado a falta de Cristiano. 

22. 52 O que se ergue ahora é o público do Real Madrid. O pau para o Atlético faise notar nos ánimos. Juanfran case sen poder andar e Cristiano tamén mostra signos de fraqueza.

22.50 Un gol histórico





22.49
Modric fixo falta a Sosa e escoitou a Ancelotti, que pide calma e bó facer tras gañar os 30 minutos de marxe.

22. 45 Tensión rebaixada tras o susto, pero co xogo centrado no necesario: un gol que nos saque a todos desta agonía!

22.41 Salvación de media hora para o Real Madrid, cruel golpe para o Atlético. Media hora máis de xogo que debe definir o marcador. A pola prórroga!



22.39 INCREÍBLE gol de Ramos que empata cando o Atlético xa choraba pola gloria. Obriga á prórroga nesta final enfermiza e frenética.

22.36 INCREIBLE GOL DE RAMOS NO ÚLTIMO MINUTO!!!!!!!!!!!!!!!!!! EMPATE E A POLA PRÓRROGA....

22.34 Entonan o himno atlético no graderío colchoneiro... Rozan a gloria.

22.33 E engaden 5 minutos máis á agonía... Golpea Koke falta ás mans de Casillas.

22.32 Tensión, tensión, tensión... Moito apuro nestes últimos minutos.

22.30 Falta de Thiago que remata con amarilla para Koke, que mandou o balón á grada.

22. 28 Nova ocasión perigosísima despexada por Courtois. Sen dúbida, tivo moito que dicir nesta cita emblemática.

22.26 Filipe tendido no chan. Non remata. Entra Alderweireld. 

22. 25 Emoción ata o último minuto garantida!! Seguen a coaccionar os brancos e o Atlético busca unha fenda por onde dar por rematada a final.

22.20 Lateral da rede tras unha carreira tremenda de Bale. O galés tamén parece tomarse en serio a revancha neste último tirón do encontro.

22.17 Arriba Cristiano!
Os brancos presionan.

22. 16 Case empata Bale pero errou outra vez!! Comeza a apretar o Madrid. Cristiano desespérase na búsqueda do empate.

22.14
Unha man de Bale e un cartón amarelo para Guaje poñen a tónica nestes minutos.

22.13
As críticas ao xogo do Madrid son unánimes. Pouco espíritu para unha final.

22.08 Entra o atlético José Sosa por Raúl García. Segundo cambio que ordena Simeone.

22.07 Serie de corners do Atlético sen resultado. O Real Madrid segue nervioso ante o gran partido dos colchoneiros.

Tremeron o Calderón e parte das gradas da Luz co tanto de Godín

22.05 Roza Cristiano e non chega Benzema a un centro de Ramos. Unha ocasión clara.

22.02 Dobre troco nas filas brancas: entran Marcelo e Isco por Coentraro e Khedira.

21.59 Adrián volve mandar o balón fóra nun tiro directo. Outro corner.

21. 57 Tiro directo de Cristiano despexado con furia por Courtois. Un corner remata en cabezazo, tamén fóra.

21.54 O gol parece que trocou os ánimos por completo. O Madrid xa non apreta coma antes. Alto un intento de Raúl García e falta a Di María de Miranda que se salda cun cartón amarelo.

21. 51

Godín rompía a Luz no minuto 36' cun primeiro tanto e poñía por diante o Atlético, que acariña a súa primeira Copa


21.48 Roda o balón
nesta segunda metade.

21. 44 Os colchoneiros acariñan o seu primer titulo de Campións europeos. A afección envórcase co conxunto na Luz ás portas da segunda metade. Nervios entre os madridistas do Real, que seguen lamentando a mala pata dos primeros 45 minutos.

Rajoy e os Reis, entre as personalidades que hoxe desfrutan desta final de Campións

21.35 Cabezas gachas no Real Madrid camiño dos vestiarios. Diego Costa sae a saudar os compañeiros e celebrar con eles un marcador favorable.

21. 34 DESCANSO!

21. 32 Un minuto engadido. Marchamos ao descanso e aínda hai tempo para unha amarela a Khedira por unha falta a Villa.

21.30
Corea a afección en apoio do Atleti. A apenas uns minutos para o descanso, os brancos laméntanse polos erros que custan caros nunha final. Dous erros chave, tamén o de Bale, que deixan o marcador 0-1 ás portas da final da primera parte.

21. 24 Un fallo de Casillas custa un gol na contra do Real Madrid que só logra sacar desde dentro. Gol de Godín que adianta aos colchoneiros a pouco máis de media hora de encontro.

21. 23 GODÍN ADIANTA O ATLÉTICO NO MINUTO 36'!!!

21.18 Dous movementos moi perigosos con apenas un minuto de diferencia. Bale bota as mans á cabeza tras fallar un gol cantado.

21. 15 Despexa Courtois un lanzamento de alta tensión de Cristiano. Nova falta de Koke a Carvajal

21.12 Primeiro corner do encontro por Adrián, despexado, que non trouxo gol pero si derivou en cartón amarelo a Raúl García e outro para Ramos por encararse e protestar.


Ramos, antes de comezar o encontro: ''Nos tenemos que dejar el alma"

21.09 Falta perigosa para o Real Madrid a mans de Modric despexada sen problemas por Courtois

21. 05 Ningún dos conxuntos manda, ningún sofre demasiado...

20. 59 Mantense o ritmo áxil por parte de ambos os dous equipos. Todos van a por todas, debúxanse as primeiras ocasións pero polo momento non hai movementos nin tiros claros.

20. 55  Diego Costa abandona
-entra Adrián-, non pode continuar nin dez minutos logo do comezo, deixa o campo. Dúbidas de se se lesionou ou molestou durante o quecemento ou que foi o que ocorreu e como afectará agora aos ánimos no céspede.

20. 54
Xogada que semellaba perigosa de Bale pero de novo sen delimitar unha ocasión clara. Os nervios do arranque parece que están a pasar factura. Falta de Bale a Filipe

20.52
O Real Madrid mantén o control do balón, aínda que sen froitos moi claros

20. 49
Segunda falta, esta de Varane a Villa, en apenas tres minutos de xogo

20.47 Roda o balón en Lisboa!

20.45
Impresionante espectáculo



20.42
Sona o himno da Champions no escenario deste duelo histórico. Saludo do Atleti aos contrincantes blancos.

20.36 O frenesí de todo o día está a piques de chegar ao seu máximo

A afección leva todo o día 'toleando'en Lisboa



20.16 No Atlético de Madrid, García xoga en lugar de Arda Turan, que será finalmente baixa por lesión.

20.15 Ancelotti aliña a Khedira e Simeone conta con Diego Costa e Raúl García para o once inicial do Real Madrid.

19.00 Detidos tres hinchas durante a xornada de espera na capital portuguesa.

Lisboa recibe hoxe un derbi madrileño histórico. Real Madrid e Atlético disputan a final dos campións no país veciño este sábado nun duelo que xa pasou á historia do fútbol aínda sen comezar.

Fotografando a copa no céspede

Comentarios