Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Rodríguez reivindica as "fortes raíces culturais" de Bermés na presentación dun libro sobre o pobo

Román Rodríguez, xunto a Armando Vázquez, na presentación do libro
Román Rodríguez, xunto a Armando Vázquez, na presentación do libro
A obra, do investigador dezano Armando Vázquez, ofrece datos sobre o Monte Carrio, a Pena Cabalada, os xacementos arqueolóxicos, a igrexa parroquial y personajes "destacados" de la localidad

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou este luns a terra de "fortes raíces culturais" que representa a parroquia lalinense de Bermés.

Precisamente neste lugar tivo lugar a presentación do novo libro do escritor e investigador dezano Armando Vázquez, Unha historia de Bermés. A memoria de xentes e tempos idos, á que asistiu o titular.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, o libro ofrece datos sobre a historia de lugares do municipio como o Monte Carrio, a Pena Cabalada, os xacementos arqueolóxicos, a igrexia parroquial de Bermés e personaxes "destacados" como o Matemático Rodríguez ou o filólogo Javier Rodríguez Gil, entre outros personaxes autóctonos.

Neste contexto, Román Rodríguez valorou que "todas as familias" da zona "séntense orgullosas de ter fillos con estudos, sobre todo, mestres e profesores". Segundo o conselleiro, toda esta historia vese reflectida nun libro "que contribúe a divulgar a parroquia e agranda as fontes documentais sobre a comarca do Deza".

Desta forma, o titular do departamento de Cultura definiu a obra como unha "garantía" de que "non se perdan nomes característicos e distintivos da rica microtoponimia da zona", así como unha "gran oportunidade" para coñecer máis sobre a historia da parroquia lalinense.

"Armando ten unha enorme valía porque fai algo moi importante: que nos sintamos orgullosos do que nos é máis próximo", afirmou ao tempo que agradeceu a labor de aquelas personas que fixeron posible, coas súas contribucións, sacar adiante o libro.

Rodríguez reivindica as "fortes raíces culturais" de Bermés na...
Comentarios