Rodríguez Zapatero foi de incógnito a Edimburgo facer o medio maratón

O ex presidente Zapatero acudiu o pasado 27 de maio a Edimburgo para correr un medio maratón. Fixo os 21 quilómetros a unha velocidade media de 10,6 km/h. Acompañárono a súa dona e dous gardacostas. E aloxouse nun hotel con nome falso: José García. El Mundo publicou fotos súas na carreira.

Agora din que a nena dos McCann está enterrada no sur de Portugal
En declaracións a varios medios lusos, un empresario surafricano que investiga pola súa conta a desaparición, hai cinco anos, de Madeleine McCann dixo que o corpo da nena está no xardín da casa de Robert Murat, o inglés que vive a carón de onde faltou e que xa era sospeitoso. Di que botaron cemento por riba.

García Márquez sofre demencia senil e non escribirá novas obras
Gabriel García Márquez padece demencia senil, segundo confirmou o seu irmán Jaime. Este problema vaille impedir ao premio Nobel de Literatura, que ten 85 anos, escribir novas obras. Aínda que desde un punto de vista físico e motriz se atopa ben, o admirado Gabo xa ten “algúns conflitos de memoria”.

Comentarios