Rosalía glosa as máxicas augas de Caldas

Unha imaxe tomada en 1911 en Caldas con motivo do festival Virgen de la Roca amosa a Castelao na súa mocidade, á esquerda da fotografía, xunto a persoeiros da vila como Laureano Salgado. concello de caldas
photo_camera Unha imaxe tomada en 1911 en Caldas con motivo do festival Virgen de la Roca amosa a Castelao na súa mocidade, á esquerda da fotografía, xunto a persoeiros da vila como Laureano Salgado. concello de caldas

«…Por mi parte, le puedo asegurar que las aguas de Caldas obraron en mí un verdadero milagro. Pasé todo este invierno (que ha sido crudo) sin un constipado, cosa que en mí casi parece imposible, y si no estoy robusta, que fuera mucho decir, ya no tengo por lo menos aquel semblante demacrado y aquellas mejillas enjutas que me hacían parecer diez años más vieja, ni aquella postración general que me hacía semejante a un mueble inútil. Ahora subo y bajo, corro y paseo sin grande agitación, en resumen, pero tan bien la vida como nunca me atrevería a esperar…».

Son palabras de Rosalía de Castro, as mesmas que hai 150 anos lle escribiu a Eduardo Pondal nunha das 16 cartas asinadas pola escritora e que acaban de ser presentadas na páxina web do Consello da Cultura Galega con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, celebrado o pasado luns coincidindo co 177 aniversario do nacemento da autora de ‘Cantares gallegos’.

O Concello de Caldas aproveitou a data para dar a coñecer estas misivas, nas que Rosalía «muestra su lado más íntimo, hablándole a Pondal de Caldas».

Corría o 6 de abril de 1864 cando a poetisa do Rexurdimento tamén lle conta desde Santiago de Compostela que «…Yo misma, a quien todos suponían llena de aprensión, me sentía morir realmente y a pasos agigantados, siendo solo mi gran fuerza de espíritu la que me hacía sostenerme en pie. Verdaderamente estaba mortal, todo lo tenía contra mí, sin ninguna probabilidad favorable, y sin embargo, aquí me tiene V. resucitada, ¡a Dios gracias!...».

A cultura termal

O Concello de Caldas lembra que a cultura termal forma parte da vida de Caldas e da súa raíz histórica, xa que sempre foi considerada como solar de aguas termais, tal como indica o seu topónimo, legado dos romanos.

«Rosalía de Castro, poeta do Rexurdimento, acudía a tomar las aguas calientes de Caldas de Reis y así quedaba constancia con las alabanzas que hace sobre sus bondades en una carta que le envió a Eduardo Pondal en el año 1864», subliña o Concello.

visita de castelao. Para os representantes municipais é «razonable» que as vilas termais e os balnearios «sean desde siempre escenario de encuentro y de literatura, porque las circunstancias y condiciones que concurren en ellas son variadas y favorables para la salud física y espiritual; prestándose a la fantasía, la inspiración y la nostalgia».

Ao igual que outras vilas e cidades termais, Caldas foi punto de encontro de intelectuais e persoas con inquedanzas culturais.

Deste xeito, ademais da estancia de Rosalía tomando as augas, existen documentos que confirman que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao estivo en varias ocasións na localidade.

Así o demostra, por exemplo, unha fotografía datada en xullo de 1911 na que aparece o autor de ‘Sempre en Galiza’ moi novo, participando en Caldas durante o Festival Virgen de la Roca, impulsado por Laureano Salgado, quen aparece ao seu carón na imaxe. A estampa, obra do fotógrafo E. Díez Altable, está dedicada á «señorita Carmen Búa».

Comentarios