La calle A Pedra contará con servicios renovados y espacio para los peatones

O Concello de Bueu presentou o proxecto de reforma da zona, no que os peóns adquiren protagonismo e se reordena a superficie dispoñible
Infografía que presenta o aspecto final da rúa tras o seu acondicionamento
photo_camera Infografía que presenta o aspecto final da rúa tras o seu acondicionamento

Dous meses despois de anunciar o proxecto, o Concello de Bueu ultima as características que rexerán a humanización da rúa A Pedra, un punto neurálxico do municipio no que se concentran diversos edificios públicos, como os centros educativos, o pavillón municipal e o centro de saúde.

O proxecto, valorado en algo máis de 387.000 euros, ten como premisa fundamental a seguridade dos veciños, tal e como informan fontes da Corporación municipal. Así, vaise reordenar esta rúa dándolle prioridade aos peóns e mellorando a accesibilidade.

Coa humanización, tamén se mellorará o sistema de saneamento, cunha obra de separación de pluviais e fluviais das augas residuais.

O edil de Obras e Servizos, Fidel Castro, apuntou que a humanización levarase a cabo «tendo en conta o lugar e os usos», facendo referencia á importancia da rúa A Pedra como punto de confluencia de determinados servizos importantes para a veciñanza buenense.

Castro engadiu tamén a relevancia de dotar de espazos seguros aos máis cativos e aos maiores, dous grupos sociais que circulan diariamente por este espazo urbano.

Así a todo, e tal e como se pode observar na infografía facilitada polo Concello e na que se revela o posible aspecto final da zona, a peonalización non sería completa, algo motivado tamén pola dificultade de cortar o tráfico nunha rúa na que pasan regularmente autobuses escolares e demais vehículos.

Co proxecto na man, agora o Concello buscará financiamento para o mesmo. A idea é que se poida executar a obra de cara ao vindeiro 2017.

Comentarios