La calle Staffan Mörling luce desde este viernes una placa con su nombre

O acto tivo lugar ás 19.30 horas no vial de acceso aos institutos e ao pavillón de deporte
Juncal y Mörling en una visita a las Ons
photo_camera Juncal y Mörling en una visita a las Ons

O Concello de Bueu descubriu este venres unha placa identificativa na rúa Staffan Mörling aproveitando a presenza do Fillo Adoptivo da vila con motivo da presentación do seu libro ‘Namoreime en Ons’. O acto terá lugar ás 19.30 horas no vial de acceso aos institutos e ao pavillón, adicado ao ilustre buenense de orixe sueca. Tanto o alcalde, Félix Juncal, como o edil de Urbanismo, Martín Villanueva, desculpáronse pola demora na colocación da placa identificativa nesta rúa, que se vai facer tres anos despois de que o Pleno da Corporación adoptara o acordo.

O profesor Staffan Mörling é moi coñecido polos seus traballos sobre as embarcacións tradicionais de Galicia e as dornas das illas Ons, ademais que estar en posesión da Cruz do Mérito Naval despois de moitos anos de adicación a dar clase de idiomas na Escola Naval Militar de Marín.

Así mesmo, trátase dunha persoa moi coñecida e aprezada no municipio, de xeito moi especial entre os habitantes de Ons, de onde é nativa a súa muller, Josefa Otero. O seu apego a esta terra e o seu labor como investigador fixeron que fora merecedor do título de Fillo Adoptivo de Bueu e tamén que conte cunha rúa co seu nome. Neste sentido, agárdase que sexan moitos os veciños que acudan esta tarde ao acto no que se descubrirá a placa no vial que perpetuará o seu nome no municipio.

Posteriormente, no Museo Massó, presentou a súa última novela ‘Namoreime en Ons’. O libro, traducido ao galego e publicado pola Editorial Cumio, conta a historia de amor que viviu cando chegou a Ons para facer un traballo de antropoloxía e coñeceu á que hoxe é a súa muller, Josefa Otero, que aparece co nome de Xoana na novela.

Namoreime en Ons é un relato de amor que se desenvolve na España da década de 1960, época de crecente benestar económico e cun estilo novo de música. Fala dun amor que, por romántico, fai o sentimento botar as raíces profundas que toda relación necesita para ser estable e duradeira. Neste libro, o autor sueco fala do amor pola súa muller, dos primeiros pasos dados na conquista, pero reflexiona tamén arredor dos costumes das Ons, que tamén o namoraron.

Staffan Mörling herdou do seu avó un grande interese polos temas históricos, e da nai, unha notable sensibilidade cara aos idiomas. Mörling fixo a súa carreira académica na Universidade de Lund, na que se licenciou en Latín, Historia da Arte e Antropoloxía. Como antropólogo, documentou as embarcacións tradicionais de Galicia (1989), tema que seguiu desenvolvendo en ‘Lanchas and dornas; cultural stability and boatshape on the west coast of Galicia’ (1999).

O autor, en colaboración coa súa muller, Josefa Otero, aplicou as teorías da nova etnoloxía, de orixe danesa, ao amplo material antropolóxico recollido polos dous na illa de Ons, publicando a obra ‘Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons’ (2013).

Comentarios