Ruiz Mateos recoñece en Tele 5 que tentara roubar o botafumeiro

''Collemos o botafumeiro, pero estaba ardendo e pesaba unha barbaridade; agochámolo nun trasteiro, pero detectárono polo fume''. Así contaba un ex chofer de Ruiz Mateos o que fixeran el e o seu xefe antes da visita de Felipe González a un pasado Xacobeo. ''Unha excentricidade'' que o empresario recoñeceu en Tele 5.

Ángel de la Cruz iguala con Tosar en número de Goyas recibidos

O guionista e cineasta Ángel de la Cruz (A Coruña, 1963) xa ten o mesmo número de Premios Goya que Luis Tosar, o noso actor máis laureado. Tres en total. Antes do éxito de Arrugas (ou Engurras), De la Cruz lograra estatuíñas por O bosque animado (2001) e Soño dunha noite de San Xoán (2005).

O vigués José Gefaell colle a máis elevada responsabilidade no ICO
José Gefaell, nado en Vigo en 1961, foi nomeado director xeral de Negocios do Instituto de Crédito Oficial (ICO), organismo que depende do Ministerio de Economía. Segundo Faro, estará á fronte do departamento que xestiona todo o activo do ICO, que inclúe o financiamento
de grandes empresas, pemes e autónomos.

Comentarios