viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Sábado de ceo pouco anubrado ou despexado e temperaturas en ascenso

Mapas del tiempo. EP
Mapas del tiempo. EP

o vento soprará frouxo de compoñente norte

Este sábado Galicia quedará na influencia das altas presións. Así, amencerá con nubes baixas e néboas na metade norte que se irán disipando co avance da mañá para quedar cunha tarde de ceo pouco anubrado ou despexado en xeral.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, excepto as máximas no terzo norte, onde quedarán sen cambios ou mesmo poden sufrir un lixeiro descenso.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 32 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até os 12 graos en Pontevedra.

Sábado de ceo pouco anubrado ou despexado e temperaturas en ascenso
Comentarios