A sardiña tamén mollou o pan en Poio e no resto da comarca

Centos de persoas degustaron o prato estrela do San Xoán na festa de Poio, mentres que preto dun milleiro se reuniron na festa patronal de Cerdedo para celebrar o lume purificador
Sardiñada en Poio
photo_camera Sardiñada en Poio

O San Xoán de Poio volveu converterse este venres nun dos principais referentes festeiros na comarca de Pontevedra ao reunir a centos de persoas na explanada da Seca para a degustación popular de sardiñas e tamén para a festa que se despregou despois do acendido da fogueira.

En Poio 
A partir das 21.30 horas comezou o reparto de sardiñas asadas, que xerou as tradicionais ringleiras de comensais

O municipio, que gozará aínda de varios días de programación festeira, contou cun amencer musical grazas á presenza de alboradas nas parroquias a cargo das agrupacións Vides Novas, o Cruceiro e a Escola de Música Tradicional de Poio.

O seguinte acto do programa foi a convocatoria popular para recoller as herbas de San Xoán, a cargo da Asociación Ronsel e que contou con numerosos participantes, que apuraron as últimas horas da tarde para facerse con todos os ingredientes do conxuro máxico da noite de San Xoán.

O prato forte da festa foi a sardiñada popular. Os máis afeccionados a este manxar tiveron que esperar ata as 21.30 horas para facerse coas primeiras sardiñas e, como é moi frecuente na convocatoria poiense, rexistráronse longas ringleiras de persoas esperando para poder facerse coa sua ración.

En Cerdedo 
O concello financiou mesas e cadeiras para facer máis agradable a degustación

O espectáculo de lume e o prendido da fogueira principal non se demorou, e para entón parte dos asistentes xa tiña gozado da música da verbena, que contou coas orquestras Marimba e Aramio de Vigo. A noite despexada favoreceu a presenza de numeroso público nesta convocatoria, que é a máis concorrida de todas as festas de San Xoán, que na xornada deste sábado continúan cunha faceta máis relixiosa, xa que ás 12.00 horas se celebrou a misa solemne na honra do patrón do concello.

No resto do concello tramitáronse permisos para a celebración de 130 cacharelas, 28 das cales se celebraron nas praias, tendo en conta as especiais condicións das mareas vivas previstas para esta madrugada.

O resto da comarca tamén puido gozar das celebracións de San Xoán, aínda que en poucos lugares a festa foi organizada polo seu correspondente concello, como en Cerdedo , onde tamén se celebran festas patronais.

En Soutomaior 
A praia de Matilde acolleu un espectáculo antes do acendido da fogueira

No caso da celebración na praia fluvial, o proceso de asado das sardiñas iniciouse a iso das seis da tarde e prolongouse case ata o momento de prender lume na fogueira. O concello fusionado destinou 15.000 euros a adquirir mobiliario urbano, mesas e cadeiras, para que se puidese celebrar a degustación na contorna da praia fluvial. A idea tivo moi boa acollida e reuníronse unhas mil persoas na degustación popular.

Outras festas emblemáticas nas proximidades de Pontevedra foron as de Soutomaior, que tiveron un prolegómeno na praia de Matilde, en Arcade , coa actuación dun grupo de animación que puxo en escena un espectáculo artístico.

Moi preto de Soutomaior, en Paredes, Vilaboa , a Canteira das Lapas acolleu a fogueira principal das festas, que neste caso son parroquiais. Na zona do Areeiro celebrouse outra das cacharelas máis importantes do concello vilaboés. En Barro , no Pazo da Crega centralizáronse uns festexos que tiveron como prólogo unha concorrida cea.

Comentarios