A Selección do Camiño está de moda

Xogadores galegos están a xogar torneos por toda a península para dar visibilidade á loita contra o cancro e á Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame)
O equipo da Selección do Camiño. CEDIDA
photo_camera O equipo da Selección do Camiño. CEDIDA

A Selección Camiño de Santiago quere demostrar que o deporte ensina, sobre todo, valores. Nesta liña, están a desenvolver unha iniciativa na que colaboran coa Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame) e que quere dar visibilidade á loita contra o cancro.

Rapaces de Pontevedra da Selección do Camiño. CEDIDA
Rapaces de Pontevedra da Selección do Camiño. CEDIDA

Nesta selección –a cuxa fronte está Iván Vilariño– participan rapaces de diferentes puntos de Galicia, co apoio dos seus respectivos clubs: Concretamente da cidade do Lérez son Fernando, porteiro de gran calidade do Salgueiriños; Gael, medio centro do Porteiro 2000 que sobresae por saber leer o fútbol; Iago Soto, central, medio centro e lateral do Pontevedra CF, adáptase a calquer circunstancia do xogo, nivel extremo; Pascu, tamén do Pontevedra CF, que exerxe liderazgo, solidez e moita fiabilidad defensiva; e Toñito, do Sagrado Corazón, a definición exacta de killer.

Debido ao apoio recibido van estender a idea ao resto de categorías, tamén ao deporte feminino e o fútbol sala. Así, dende a Selección do Camiño agredecen aos clubs o seu compromiso para a loita contra as enfermidades e esperan seguir contando coa vía da colaboración no futuro.

Comentarios