La selección gallega de fútbol sala se estrena ante Uruguay

Bruno García, técnico de Galicia, durante un adestramento da selección. (Foto: LV)
photo_camera Bruno García, técnico de Galicia, durante un adestramento da selección. (Foto: LV)

O fútbol sala galego vivirá este venres o seu día grande coa estrea da selección ante o Uruguai en Ferrol. O partido, a partir das nove da noite no pavillón da Malata, ten o éxito asegurado, xa que onte xa se retiraran máis de tres mil entradas.

Será unha oportunidade de ver os mellores futbolistas do país, como Pitu e Juan Puertas, do Leis Pontevedra, Manu e Pola, do Lobelle de Santiago, ou Toni e Adri, do Azkar Lugo, todos eles representantes da División de Honra.

Javier Pardeiro e Bruno García, os dous seleccionadores, farán á mañá o último adestramento previo a un partido que todo o equipo agarda con moitas ganas. “O equipo está moi ilusionado con este debut. Os xogadores e mais o corpo técnico estamos ansiosos porque chegue o día e a hora do encontro, xa que nos fai moita ilusión xogar este choque”, asegurou García, adestrador tamén do Azkar Lugo.

Asemade, o preparador advertiu de que todo o plantel se está a preparar “moi duro” para debutar con vitoria ante o combinado charrúa. “Confiemos en que esta estrea sexa unha semente de cara ao futuro”, engadiu. Ademais, España xoga hoxe ante Xeorxia o seu primeiro partido de clasificación para o Mundial.

Comentarios