La semana empieza con terror y acaba con sorpresa

Despois dunha fin de semana ben completa non podemos perder o ritmo (como o que puxeron o domingo na Sala Capitol Transilvanians e Skatalites) e aquí van as recomendacións para a semana que empeza.

Aí ó fondo xa se ve o final do festival, as galas homenaxe, o maratón... mais inda así seguimos tendo unha oferta variada e de calidade na que escoller.

No menú desta semana temos un pouco de terror, striptease New Burlesque, guerras civís africanas e filme sorpresa.

Luns, 22 de novembro
22:00 Teatro Principal, Monsters (2010, Gareth Edwards) Rescate, romance e inmigración com invasión extraterrestre de telón de fondo.

Martes, 23 de novembro
22:00 Teatro Principal, Tournée (2010, Mathieu Amalric) Un produtor francés volta da súa aventura estadounidense cun grupo de bailarinas de striptease New Burlesque. A fantasía e as ideas románticas chocan unha e outra vez contra a realidade de París.

Mércores, 24 de novembro
23:00 Aula Sociocultural Caixa Galicia, White Material (2009, Claire Denis) Unha muller branca é a terratenente dun campo de café en África. Ante a inminente guerra civil deberá defender como poida as súas posesións.

Xoves, 25 de novembro

22:00 Teatro Principal, Filme sorpresa. Nunca sabemos o que nos podemos atopar aquí, dende un título de éxito nos últimos festivais, algunha novidade ou unha escolla persoal do propio Losa, o director do festival.

Esta é a miña escolla, agardo a vosa e as vosas recomendacións nos comentarios.

Recordade comprobar os horarios.

Vémonos nas butacas!

Comentarios