A sensación de bochorno marcará este mércores

As máximas subirán até os 25 graos en Pontevedra

Previsión de Meteogalicia. EP
photo_camera Previsión de Meteogalicia. EP

Case a metade de España está este mércores en risco importante por calor (espéranse temperaturas de case 40 graos), pero Galicia será unha excepción. O ceo estará parcialmente cuberto na comunidade, con chuvascos illados que, pola tarde, poden ser incluso treboentos no interior. 

En calquera caso, e segundo a información publicada por Meteogalicia, as temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas, e haberá sensación de bochorno durante a xornada. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 29 graos en Ourense, 28 en Lugo e 25 en Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até os 15 graos en Vigo, Ourense, Ferrol e Lugo. Na Boa Vila os termómetros non baixarán de 16º.

Comentarios