''Siempre quise fotografiar Chernóbil, pero donde me gusta perderme es en la costa''

Breogán Alamancos. Fotógrafo

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Maxia.

P ¿Que quería ser de pequeno?
R Eu mesmo, pero o que máis me chamaba era o mundo da arte.

P ¿Un libro?
R The negative, de Ansel Adams.

P ¿Unha película?
R Requiem for a dream.

P ¿Un fotógrafo de referencia?
R Elliott Erwitt.

P ¿Un lugar para fotografar?
R Sempre quixen ir a Chernóbil. Pero onde realmente me gusta perderme é na costa, a poder ser galega.

P ¿En que proxectos traballa?
R Busco unha galería onde volver expor o proxecto sobre a costa galega chamado Galiza is different, que consistiu nunha serie de fotos da costa galega acompañadas con area e un frasco de auga de cada lugar. Ao montar o estudo, a miña compañeira e mais eu temos novos proxectos: realizamos fotografía de espazos abandonados en Galicia e proximamente estenderémonos a Portugal. Tamén estamos facendo fotografía de corpo con pinturas fluorescentes e luz negra.

P ¿Como é a súa fotografía?
R O campo que máis me gusta da fotografía é a paisaxe. Pero non me gusta cerrarme. Quero que sexa o máis artística e creativa posible e pretendo mostrar o meu mundo e facer o espectador partícipe del.

Breogán Alamancos

Nado na Pobra do Caramiñal en 1991, estudou fotografía artística e gañou o concurso O lugar máis brillante de Lugo.

Abriu en maio un estudo en Santiago (Lig Fotografía) xunto a outra fotógrafa: Amalia Gorgoso.

Comentarios