''Soy adicta, ahora lo dejo todo para venir al curso y aprendo mucho''

Xubilada desde hai pouco tempo, Elvira atopou na informática unha afición a que dedica boa parte do seu tempo libre. Nese camiño foi clave a formación que recibiu na aula Cemit da cidade de Pontevedra. 

''Son adicta e agora déixoo todo para vir aquí'', recoñece esta mestra que desempeñou a maior parte da súa profesión antes da irrupción das novas tecnoloxías.

Atribúe esa paixón en gran medida á ''motivación'' que esperta nos alumnos o profesor. Cando inicio o primeiro cur so en verán, Elvira non tiña ''ningún coñecemento'' neste ámbito e agora ''xa manexo moitas cousas e practico nos ratos libres que teño na casa'' o que leva aprendido.

Con clases de iniciación á informática e a internet, correo electrónico ou ofimática no seu currículo académico, non perde oportunidade de recomendar as clases a amigos e coñecidos. ''Dígollo a moita xente''.

Comentarios