Soraya Sáenz de Santamaría está castigada “sen tortilla” os venres

De El Semanal Digital: “Ser portavoz do Goberno é un traballo pouco agradecido. Din que as penas con pan son menos penas, pero nin ese consolo ten Sáenz de Santamaría. Tras cada Consello, os ministros toman tortilla e empanada. Pero a ela non lle dá tempo nin a meter dous petiscos na boca”.

As minisaias de Letizia Ortiz non son do agrado dos seus asesores

Malia que ninguén nega que é moi estilosa, competindo incluso con Rania de Jordania, en Zarzuela non gusta que a princesa Letizia use minisaia, como fai ás veces. Os motivos son dous: deixa entrever a súa delgadeza e parece unha prenda “inapropiada” para quen está chamada a ser raíña de España.



Corinna, a amiga do Rei, residiu os últimos anos preto da Zarzuela

O programa de Isabel Durán en 13 TV revelou que a princesa Corinna zu Sayn-Wittgenstein viviu os últimos anos (ou polo menos cando estaba en España) nun chalé no exclusivo recinto do Pardo, moi preto de Zarzuela. É unha vivenda de acceso restrinxido. Amais, a Garda Civil escoltábaa a ela e ao seu fillo.

Comentarios