jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Sucédense os chistes e as bromas tras o autodisparo de 'Froilanciño'

Aínda que o tema é serio, o accidente do neto do Rei dá lugar a chanzas na Rede. Nunha web piden firmas para que ''a Casa Real entregue as armas e se disolva'' e noutra fálase do gusto polos tiros de Marichalar. E hai quen di que nunha carreira Froilán lle gañaría a Urdangarín, porque se pilla antes un mentireiro que un coxo.

Alfonso Hermida amósase feliz de regresar á información deportiva
En Twitter, o xornalista Alfonso Hermida anuncia o seu regreso a Deportes na TVG. Di que volve feliz aos seus inicios tras varios anos nos servizos informativos, nos que tamén se atopou moi a gusto, salvo o desencontro de última hora que o levou a renunciar como presentador e editor do Telexornal do serán.

Os traballadores de Botín temen ao venres: é día de despedimento
Conta un confidencial que ''os traballadores do Banco Santander na cidade financeira de Boadilla (Madrid) se poñen dos nervios cando chega o venres''. E é que cada venres de marzo 200 empregados foron  sen aviso previo. ''Así as gasta o amigo Botín''. Un estudo di que sobran 41.400 postos na banca.

Sucédense os chistes e as bromas tras o autodisparo de 'Froilanciño'
Comentarios