viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Susana López presenta 'Galicia Viva', o novo magazine da TVG

A xornalista Susana López e os cinco reporteiros de 'Galicia Viva'
A xornalista Susana López e os cinco reporteiros de 'Galicia Viva'
O programa emitirase de luns a venres, desde as 19.10 horas ata as 20.30 horas ► Trátase dunha aposta pola actualidade social e cultural galega

A xornalista Susana López será a encargada de presentar Galicia Viva, o novo programa que estrea este luns a Televisión de Galicia. Trátase dun formato diario que ocupará a franxa do serán de luns a venres, dende as 19.10 horas ata as 20.30 horas. Nel os espectadores galegos poderán viaxar pola actualidade social e cultural da comunidade. 

Un magazine regado pola espontaneidade que lle darán as múltiples conexións en directo da man de Paula Señarís, Ricardo Saavedra, Lucía Fandiño, Emilio Guillín e Patricia Liste. Cinco reporteiros que percorrerán o territorio galego para dar con todo aquel contido divulgaltivo e de interese público.

Galicia Viva busca achegar un sopro de aire fresco e bo humor ás tardes da canle pública.

Susana López presenta 'Galicia Viva', o novo magazine da TVG
Comentarios