Telma casou en secreto o venres en Navarra

Telma Ortiz e Jaime del Burgo casaron en secreto o venres no mosteiro de Leyre, en Navarra. A cerimonia celebrouse enmarcada nun halo de misterio, xa que as últimas informacións apuntaban a que sería en xullo cando pasarían polo altar. Só a familia do noivo estivo presente na voda. Nin a súa irmá, Dona Letizia, nin os seus pais, Jesús Ortiz e Paloma Rocasolano, formaron parte dos invitados. 

O venres pola noite, Telma e Jaime foron agasallados polos Del Burgo cunha cea nun restaurante de luxo da cidade. As boas palabras, os amplos sorrisos e os abrazos emotivos foron constantes. O xa marido de Telma escribiu onte unha carta en El Mundo na que apela ao dereito á intimidade e na que indica que irán vivir a Londres.

Comentarios