lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

A tentación

Primeiro foi Tiger Woods e agora John Terry. Haberá máis casos e os que nunca saberemos. Os dous respondían ao mesmo patrón: deportistas de éxito, millonarios e sen fendas apreciables nas súas vidas.

Tan só unha debilidade incontrolable: as mulleres. En tempo de crise custa asimilar que o mellor golfista de todos os tempos fora quen de gastar 25.000 libras nunha fin de semana alugando os servizos de 15 rapazas para o seu goce. Unha das súas perdicións foi Loredana Jolie. Unha playmate de 26 anos á que lle regalaba aneis, diamantes e como non, 10.000 libras por unhas horas de pracer.

A presión mediática acabou por esmagar o sorriso do xenio. Woods deixou o golf, perdeu o matrimonio e, abrumado pola situación, decidiu someterse a unha terapia para tratar a adicción ao sexo.

A historia repítese con John Terry. Defensa exemplar no Chelsea e amante desmedido no Londres máis lúdico que poidan imaxinar. Esta última cualidade obrigou a Capello a quitarlle a capitanía de Inglaterra. Alí estes temas son escabrosos, e máis se deixas embarazada a ex muller dun compañeiro de equipo. O silencio de Vanessa Perroncel custoulle a Terry 800.000 libras, pero non todas aceptaron o seu cheque. Agora aguanta a treboada. As súas fantasías eróticas enchen os rotativos máis amarelentos do país mentres di adeus aos lucrativos contratos de publicidade e poida que ao seu matrimonio.

A súa muller, vítima nacional, buscou refuxio en Dubai. Non podía ir máis lonxe. Terry pide clemencia pero a súa tentación ten mal arranxo.

A tentación
Comentarios