TEST INCONVENIENTE. Luís Villares: "Nada me saca de quicio. Son moi temperado"

O candidato de En Marea 'móllase' nalgúns dos temas máis curiosos da súa vida
Luís Villares
photo_camera Luís Villares

En que momento tería deixado a política sen mirar atrás?

Calquera circunstancia persoal que me impedise facer ben o meu traballo como representante público.

Acabe a frase: "Podo prometer e prometo..."

Honestidade, humildade e firmeza.

Promesas "Honestidade, humildade e firmeza"

 

Intentaron regalarlle un Rolex e unha mariscada ou a vostede nin un reloxo de plástico e un pincho de tortilla?

Nunha ocasión deixáronme na oficina unha botella de licor café dunha parella que casei en sábado na Fonsagrada. A familia dela era de Sevilla e só podía vir ese día. Como agradecemento deixáronme ese cariño.

Cal foi o agasallo máis caro que recibiu? E o que fixo?

O que para min tivo máis valor foi un reloxio de peto que me agasallaron meus pais cando rematei a carreira. E o máis sentido dos que fixen foi a restauración do berce onde xa nacera o meu bisavó para o meu afillado, Xes, coa axuda do meu amigo Celso de Sanmartín.

Tivo algunha vez problemas para chegar a fin de mes?

Cando estudaba a oposición tiven moi xustos os aforros e podía chegar a fin de mes grazas aos meus pais e ao meu preparador.

Que faría se mañá lle tocase unha cantidade indecente de cartos no Euromillóns?

Repartir coa miña irmá, que é autónoma e ela si que ten dificultades para chegar a fin de mes. Tamén amañaría a casa onde naceu meu pai e incrementaría o apoio a varias organizacións sociais, coas que colaboro hoxe.

Desexos "Que todo o mundo poida comer tres veces ao día"

Se puidera cambiar algo no mundo instantaneamente, que elixiría? (Só unha cousa, non sexa avaricioso).

Que todo o mundo puidese comer tres veces ao día.

Cando foi a última vez que pensou Terra, trágame?

Cando lle preguntei a unha coñecida se estaba embarazada… e non o estaba.

A quen confía os seus segredos?

Á miña irmá.

Que materia se lle daba moi ben e cal moi mal?

Gozaba moito coa filosofía e nunca fun moi bo cos números.

Familia "Ás veces, miña nai prohíbeme falar de política na mesa"

 

Deus non o chamou polo camiño...

Da comodidade... Á vista está.

Cal é o mellor momento do día?

Dende que son candidato, cando ao remate de cada encontro a xente se achega a min e me di: "É a primeira vez en moito tempo que vou votar con ilusión".

Que cousa o saca de quicio?

Son moi temperado.

Cando senta a comer coa súa familia, prohíbenlle falar de política?

Miña nai ás veces (risas).

Límites "Só prescindiría das entrevistas que comezan antes das 8 da mañá"

 

Guardiola motivaba ao Barça con Coldplay, que canción escoita na ducha para virse arriba?

Venham mais cinco, de José Afonso.

Cal é o seu principal defecto? (e non diga ‘moi perfeccionista’)

Son moi confiado.

Con quen lle gustaría pasar unha longa sobremesa facendo tormenta de ideas?

Con Forges.

Cite un político que admire e que non sexa do seu partido.

Pepe Mujica. Pola forza do seu exemplo na defensa da democracia e dos dereitos do seu pobo.

Cando está xustificado mentir.

Cando lle preparamos a alguén unha festa sorpresa.

Se puidera prescindir de dar entrevistas, faríao?

Só das que comezan antes das 8 da mañá (risas).

Comentarios