Tomas Velicky, o mozo eslovaco, ''quería quedar a vivir en Galicia''

Tomas Velicky, o eslovaco que afogou no Orzán, ao igual que tres policías que acudiron a socorrelo, tiña intención de ''quedar a vivir en Galicia''. Así o manifesta a La Voz a súa familia, que chegou á Coruña para recuperar o corpo do mozo. Seus pais e irmáns din que Tomas estaba ''namorado desta terra e da súa xente''.

O profesor Henrique Monteagudo, moi arroupado ao entrar na RAG
''Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido falar de imposición do galego no seu territorio'', dixo Henrique Monteagudo ao tomar posesión como novo académico da RAG. Entre os presentes, Jesús Vázquez, Anxo Lorenzo, Valentín García, Rafa Cuiña, Pérez Bouza...

O reitor da USC respira tranquilo tras desestimarse unha demanda
Tras vivir un arranque de ano complicado, con mobilizacións, incluso intentos de agresión e unha demanda, o reitor da USC, Juan Casares Long, parece recobrar a calma. Sobre todo despois de que o xuíz Vázquez Taín desestimara a acusación de UGT e CIG pola contratación dunha traballadora nunha fundación.