Trinta persoas inician o curso de formación en igualdade

O seminario, de cen horas, é eminentemente práctico e consta de dous módulos
O seminario comezou na Escola de Forestais
photo_camera O seminario comezou na Escola de Forestais

Unha trintena de persoas, entre profesorado e alumnado da Universidade de Vigo, docentes e persoal educativo dos centros dependentes da institución provincial e profesorado de centros de ensino da Consellería de Educación, iniciaron este luns un curso de Formación en Igualdade subvencionado pola Deputación a través da Escola de Igualdade María Vinyals. A actividade é impartida por profesionais da UVigo na Escola de Enxeñería Forestal.

O curso, de cen horas, é eminentemente práctico e consta de dous módulos. O primeiro deles, para acadar unha certificación de nivel I expedida pola UVigo, terá lugar de outubro a decembro. O alumnado recibirá formación sobre desigualdade de xénero, analizando datos educativos, laborais, familiares, históricos, literarios e científicos, así como barreiras, prexuízos e mitos, etcétera. No segundo, de xaneiro a marzo, falarase da transmisión dos estereotipos no sistema educativo e da lexislación actual.

Comentarios