Un home leva cinco anos vivindo co seu can no recinto feiral de Xinzo

Casimiro Sobrado vén de quedar sen o Land Rover no que vivía no recinto feiral de Xinzo de Limia (Ourense), onde leva cinco anos vivindo, logo de que o Concello decidira retirar o vehículo. Agora só lle queda o seu can, un pastor alemán chamado Bonito. A súa situación económica e persoal é desesperada.

Expulsado un pasaxeiro dun avión de Iberia Express por alterar a orde


“Garantir a seguridade da pasaxe”. Esa foi unha das razóns polas que foi expulsado un dos ocupantes dun avión de Iberia Express nun voo entre Madrid e Santiago, contaba a pasada semana El Correo Gallego. Varios pasaxeiros aseguraron que “a única que faltou ao respecto foi unha azafata” e defenderon o viaxeiro.

O coruñés Alejandro López, todo un crack catando viño e champaña


Alejandro López Facorro, un mozo coruñés que é tamén enxeñeiro, leva só 5 anos no mundo da hostalería. E non deixa de colleitar éxitos como catador de viños. Se hai pouco se proclamou campión galego de sumilleres, agora vén de ser elixido en Barcelona “embaixador do champán en España”, relata ABC.

Comentarios