Un novembro de emprendemento

A Deputación de Pontevedra, no seu ánimo de traballar polo fomento do emprego e estimular o espírito emprendedor, quere, unha vez, máis destinar seus esforzos a difundir as políticas activas de emprego que se están a levar a cabo, apostando polo autoemprego e o emprendemento como xeradores de riqueza e creadoresde postos de traballo.

A provincia de Pontevedra conta xa co 35% das persoas emprendedoras que existen en Galicia, segundo os datos do Igape e, a través do proxecto aQuelando3, cofinanciado polo FSE, a Deputación vai desenvolver diferentes actividades relacionadas cos procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial na provincia de Pontevedra. Unha destas actividades son os Foros de Emprendemento.

Perante este mes, ca colaboración de Diario de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra vai levar a cabo catro debates-coloquios nos que o público asistente poderá participar e resolver dúbidas sobre o autoemprego.

O autoemprego en Galicia e Pontevedra será o eixo central do primeiro foro. Debaterase sobre a situación actual do empredemento e informarase das axudas para a creación de empresas. Participaran representante da Universidade de Vigo e da administración.

Educación

O emprego e o autoemprego nas persoas con discapacidade centrará o segundo foro. Participarán representantes de diferentes asociacións que traballan pola integración. Tratarase de analizar o autoemprego no colectivo ca participación dun representante de Cogami e de persoas con discapacidade que relaten a súa experiencia e incidirán na necesidade de contar ca participación de tódalas persoas da sociedade para promover a igualdade de oportunidades e a integración sociolaboral.

Incidir na educación para emprender será o título do terceiro foro, coa intención de fomentar entre o alumnado as calidades personais que constitúen a base do espírito empresarial. Participarán representantes das asociacións empresarias, persoal técnico da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Educación. Explicarase ademais o fomento do cooperativismo no medio rural.

Para finalizar, o último día realizarase unha xornada ‘coaching’ de cara a traballar o liderado e a dinamización de equipos. Os foros irán dirixidos a persoas con inquedanzas emprededoras e terán lugar os xoves do mes de novembro en Pontevedra e Marín.