Un partido que defende o galego concorre nas eleccións asturianas

Lido en Galicia Confidencial: ''O Partido da Terra presenta candidatura ás eleccións autonómicas asturianas pola comarca do Eo-Navia. Será a primeira vez que un partido centrado nos intereses da comarca e na defensa da lingua galega concorra nunhas eleccións en Asturias''.

Disque Rajoy consultou con Aznar algúns nomeamentos do Goberno
Apunta El Confidencial Digital que Rajoy consultou con Aznar os nomeamentos máis importantes do seu Goberno, entre eles o de Gallardón, que tivo o aval do ex presidente. ¿Sería porque así a súa dona, Ana Botella, pasaba a ser alcaldesa? A mesma web di que tamén falou co Rei sobre o titular de Defensa.

Vera parece fixo na Agencia Efe e nada hai claro por agora en RTVE

José Antonio Vera, que fora director de La Razón [xornal que podería fusionarse con Abc], soa para tomar a remuda de Álex Grijelmo na Agencia Efe. Tamén se escoita o nome de Juan Ramón Lucas para facer os Desayunos de TVE no canto de Ana Pastor. ¿E para presidir RTVE? José Antonio Sánchez... e algún máis.

Comentarios