Unha ofrenda floral, teatro e música para honrar a Manuel María na súa terra

Ofrenda do BNG no cemiterio de Outeiro de Rei pola mañá
photo_camera Ofrenda do BNG no cemiterio de Outeiro de Rei pola mañá

O BNG de Outeiro de Rei organizou no mediodía deste domingo un acto para recordar a figura de Manuel María. O mesmo consistiu nunha ofrenda floral no cemiterio de Outeiro de Rei, onde repousan os restos do poeta chairego, e unha lectura de poemas.

Tamén se contou coa presenza dun grupo de músicos que interpretaron o ‘Himno galego’.

Xa pola tarde, o escenario das homenaxes foi a propia casa natal do autor, a Casa de Hortas, este luns convertida en casa museo. Alí representouse, promovida por Cultura do País, a a función ‘Feito de terra e máis de amor’. Así se definía Manuel María nun poema autobiográfico.


Feito de terra e máis de amor’ fala das emocións, da faciana humana do poeta, do amor aos devanceiros, aos paisanos, á xente do pobo, aos eidos nativos, ás pequenas cousas do día a día, á terra.


Todo isto a través da implicación de creadores de diferentes disciplinas como a danza, a música, a videocreación ou mesmo a poesía.

Comentarios