A UPG estaría máis interesada en Causa Galiza que en Anova e CxG

Unha análise da conferencia política da UPG en Galicia Confidencial apunta que a facción dominante no BNG non limou fendas internas coa súa nova proposta de debate. Amais, estaría máis interesada en atraer para o Bloque o independentismo de Causa Galiza que a Anova de Beiras ou o CxG de Bascuas.


O Concello da Illa de Arousa decide crear unha caixa de financiamento

De El País: “A falta de crédito bancario que asfixia moitos sectores será máis levadeira na Illa de Arousa. O Concello, sen abafos económicos e co economista Manuel Vázquez (PSOE) como alcalde, crea unha caixa de financiamento para dar crédito a empresas locais, sobre todo vencelladas ao mar”.


Presidencia apercibe funcionarios por incumprir horarios de traballo

De Faro de Vigo: “O programa Kronos permitiu á Consellería de Presidencia detectar que unha parte dos traballadores públicos non completan a xornada diaria. Por iso, o departamento de Alfonso Rueda envioulle a todo o persoal un correo interno no que o comina a cumprir o horario [de 7.45 a 15.15]”.

Comentarios