O venres Galicia continuará na influencia das altas presións

As temperaturas quedarán sen cambios

O venres Galicia continuará na influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa chegará ao litoral norte a partir do mediodía. Así, agárdanse ceos con bancos de néboa matinais e con alternancia de nubes e claros en xeral, agás no norte das provincias da Coruña e Lugo onde os ceos estarán más anubrados e mesmo non se pode descartar algunha chuvia feble.

As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo, de dirección variable.

meteogalicia

Comentarios