lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Un venres de sol, calor... e posibles treboadas en Galicia

Previsión de MeteoGalicia para este venres
Previsión de MeteoGalicia para este venres

Galicia seguirá este venres baixo a influencia anticiclónica, con temperaturas máximas que volverán superar os 30 graos centígrados en cidades como Lugo, Santiago, Pontevedra, Ourense ou Vigo.

No entanto, segundo MeteoGalicia, haberá certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación, teremos ceos pouco anubrados ou despexados con presencia de brétemas no litoral, medrando nubes de evolución no interior durante a tarde, que mesmo deixarán algún chuvasco treboento.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no litoral norte. Os ventos soprarán frouxos, do nordés en xeral.

Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña 16° 20°,  Ferrol  15º 27°; Lugo 13° 30°, Ourense 16° 34°, Pontevedra 18° 32°, Santiago de Compostela 17° 31° e Vigo 20° 30°.

Un venres de sol, calor... e posibles treboadas en Galicia
Comentarios