Verea, pilar de negocios competitivos

Empresa ► A Concellería de Promoción da Cidade impulsa e financia unha o Plan Verea, unha iniciativa novidosa na que participarán un máximo de 20 emprendedores ou empresas de Pontevedra que queren mellorar algúns aspectos do seu negocio que pidan estar freando o seu desenvolvemento. O proxecto ten unha duración de catro meses
Comercios en Benito Corbal
photo_camera Comercios en Benito Corbal

Crear un tecido empresarial sostible e competitivo é o obxectivo que persegue o Concello de Pontevedra coa posta en marcha do Plan Verea. Trátase dunha iniciativa novidosa baseada n a transferencia de coñecementos, experiencias e, sobre todo, contactos interempresariais fructíferos.

O programa de asesoramento empresarial, promovido e financiado na súa totalidade pola Concellería de Promoción da Cidade, está dirixido e coordinado por Mariem Filgueira Pérez.

O proxecto vai dirixido principalmente a persoas emprendedoras con ideas de negocio ou con empresas consolidadas ubicadas no concello de Pontevedra que teñan iniciativa para, nun entorno de talento, mellorar distintos aspectos do seu negocio que poidan estar freando o seu desenvolmento, apoiándose en expertos que contan cunha amplia experiencia profesional.

Verea xurde para axudar a empresas consolidadas ou de recente apertura que desexan reformular a súa idea de negocio, solucionar algún problema, desenvolver una liña nova de actividade ou, simplemente, constatar se están percorrendo o camiño correcto. En todo caso, para sacar o máximo rendemento a esta idea é necesaria a implicación persoal e a motivación dos beneficiarios, xa que A clave desde proxecto é o traballo personalizado para cada necesidade.

Verea permitirá reforzar o que cada empresa ou emprendedor está a facer ben ou marcaralle o rumbo que resulta correcto


Algunas das dúbidas ou necesidades nas que traballará o Plan Arela son, entre outras, a reformulación da idea de negocio, a mellora da imaxe dixital, a apertura de novos canles de comercialización, a nálise dos custos, o deseño de plans de acción estratéxicos e a optimización da organización interna.

IMPLICACIÓN. O departamento que dirixe a concelleira Anabel Gulías pon énfase na necesidade de contar coa máxima colaboración dos emprendedores e das empresas que desexen contar co asesoramento do Plan Verea, unha iniciativa que ten como principal característica a súa capacidade de adaptación para a resolución de cada necesidade ou interese. Ademais, engade que "mellorar a capacidade empresarial de Pontevedra non é obxectivo individual senón que nos compete a todos/as. Por iso é esencial a participación activa dos axentes clave: empresarios/as, emprendedores/as, asociacións, fundacións, cidadanía, etc."

O Verea, un proxecto que ten como obxectivo potenciar o entramado empresarial pontevedrés nun marco innovador, competitivo e máis sostible, ofrecerá asesoramento a empresas e a proxectos emprendedores desde marzo ata xuño, e dicir, ten unha duración de catro meses.

INSCRIPCIÓN. As entidades empresariais e os emprendedores interesados en participar na primeira edición do Plan Verea (as prazas están limitadas a 20) deberán formalizar a súa inscripción antes do vindeiro 4 de marzo en persoa, na Casa da Luz (sita na Praza da Verdura), chamando aos teléfonos 986 848 552 e 986 841 606 e a través do correo electrónico [email protected]. Para inscribirse hai que presentar o formulario colgado en web ILES, copia do DNI /NIE, a copia do NIF/CIF e o certificado de estar ao corrente de debedas no Concello de Pontevedra, Facenda (estatal e autonómica) e Seguridade Social.

O proxecto prevee a creación de redes de contactos mediante a realización de sesións grupais e obradoiros abertos ao público



"Sabendo que non camiñamos sós e soas, co Plan Verea incentivaremos a participación e a creación de redes de contactos mediante a realización de sesións grupais e obradoiros con temáticas propostas polas propias empresas e abertas o público xeral", destaca a Concellaría de Promoción da Cidade.

Neste senso, cada participante no Plan Verea gozará dun total de 21 horas de asesoramento individualizado por empresa ou proxecto emprendedor, das cales 12 serán presenciais (dúas por sesión cada 15 días). Despois da primeira, adicada ao análise do modelo de negocio para ver a situación real da empresa, entidade ou proxecto para detectar as necesidades ou oportunidades de innovación, o segundo paso é a selección dos aspectos clave que se incluirán no plan de traballo para a súa execución nas sesións sucesivas.

As sesións grupais, talleres e networking que se desenvolverán no marco do Plan Verea distribuiranse en tres sesións mensuais de tres horas cada unha. O obxectivo é afondar nos contidos útiles e necesarios para que as persoas participantes no proxecto poidan establecer contacto con outras empresas ou entidades para crear redes en forma de colaboradores, clientes ou empresas provedoras. Integra as habilidades sociais e de comunicación no aprendizaxe.

Verea pretende ser unha senda compartida, reforzando o que cada empresa o emprendedor está a facer ben ou reconducindo o rumbo para acadar o reto proposto. Para logralo se potenciarán as competencias individuais e grupais, se aportarán coñecementos e experiencias multisectoriais e de outras rexións, e fundamentalmente, darase unha visión global e obxectiva por parte de profesionais, que aportarán novas maneras de facer as cousas apoiadas, entre outras, na innovación e na tecnoloxía.

O programa de asesoramento empresarial comezará a desenvolverse no vindeiro mes de marzo e rematará en xuño



METODOLOXÍA. A metodoloxía do Plan Verea é activa participativa, baseada na identificación das problemáticas e o análise das oportunidades de cada empresa, deseñando unha folla de ruta para tratar de cumprir cos obxectivos fixados.

As temáticas que abordará o Plan Verea serán diversas, xa que dependerá do que necesite cada participante desde o punto de vista da imaxe, das ferramentas tecnolóxicas, da estratexia, da mellora de procesos e da análise de custos. Tamén se repasarán as técnicas de visual merchandising ou escaparatismo.

Os beneficiarios do proxecto contarán cun servizo de asistencia que os axudará na resolución das dúbidas e, ao mesmo tempo, efectuará o seguimento para que cada participante poida acadar os seus obxectivos propostos.

A preparación individual, un dos pilares no desenvolvemento do Plan Verea, consiste na creación dun programa de acción por empresa ou proxecto segundo as súas necesidades para axudar aos participantes a reforzar as súas competencias co uso de ferramentas como as do autocoñecemento empresarial, creatividade, mentorización, xestión da innovación, incorporacións de tecnoloxía, marketing e uso de redes sociais.

A potenciación da rede empresarial de Pontevedra de cara a impulsar alianzas, contactos ou proxectos en común é outra das características do Plan Verea.

Comentarios