Vilaboa fai feira polo San Martiño

O Concello convocou a primeira edición do mercadiño agrícola, que reuniu a ducias de veciños en torno a agriculturos e artesáns locais e chegados doutros puntos da provincia

A primeira edición da Feira Agrícola de San Martiño reuniu este domingo en Vilaboa a ducias de veciños e afeccionados ao mundo da artesanía e dos produtos agrícolas nunha convocatoria que tivo moi boa acollida.

Case unha ducia de expositores locais e algo máis dunha vintena de vendedores chegados doutros puntos da xeografía galega compuxeron o mosaico de produtos que se puxeron á venda, entre os que non faltaron, por suposto, os froitos dos cutivos ecolóxicos ou tradicionales, así como licores, tortas, cervexa artesanal, orfebrería, cerámica, cestería, roupa feita a man, zocos e todo tipo de obxectos artesáns.

Ademais de lugares onde comprar non faltaron postos para facerse cunha tapa de polvo ou unha cunca de viño e a música correu a cargo de Maravallada.

Pola tarde, desde as 16.00 horas, os nenos puideron gozar da actuación de Ce Orquestra Pantasma, que estreou un número musical pensado para eles.

A xornada despediuse preto das 20.00 horas e demostrou que vén cubrir unha parcela da oferta de ocio que sigue baleira na programación municipal: a das celebracións de San Martiño. Hai tres anos que esta data, que é festivo local, carece de comisión de festas que organice os eventos. Desde entón, o Concello vén asumindo a posta en marcha do magosto, e este ano a oferta reforzouse por primeira vez coa convocatoria da feira.

Comentarios